A tractorada de Compostela bloqueou esta noite as instalacións de Alcampo, xa que a multinacional francesa tamén se nega a asinar o acordo de prezos sostibles, indican. Cóntao Campo Galego
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/55f1165c7f504-alcampo_07_standar.jpg)
A tractorada de Compostela bloqueou esta noite as instalacións de Alcampo, xa que a multinacional francesa tamén se nega a asinar o acordo de prezos sostibles, indican. Cóntao Campo Galego
O CD Lugo vence 0-1 ao Córdoba na segunda eliminatoria da Copa do Rei e pasa á seguinte fase
O Club Ourense Baloncesto e a ACB acordan adiar o ascenso do conxunto ourensán ata o vindeiro ano. Cóntao La Región
A Fiscalía salienta o incremento dun 124% dos delitos por corrupción en Galicia. Cóntao Faro de Vigo
Mobilizacións en toda Galicia o vindeiro 13 de setembro "en solidariedade cos refuxiados". CCOO, UGT, CIG, PSdeG, BNG, EU e Podemos, entre outras organizacións, acordaron varias medidas para atender os asilados e apoiar a súa benvida ao país.
O PP reacciona e acepta unha partida extraordinaria de 200 millóns para os refuxiados. O Goberno cambia de opinión logo de que o partido que o sostén anunciara o seu voto negativo a un incremento extraordinario.
Os gandeiros entran na Xunta á reunión con Feijóo. Representantes dos produtores que levan días reclamando en Compostela "prezos xustos" reúnense co presidente galego, que cambiou a súa axenda e aceptou manter a xuntanza que lle reclamaban.
O pleno do Senado aproba este mércores o recorte da lei do aborto malia ao rexeitamento da oposición e tamén da parte do PP que esixe unha restrición maior.