O pleno do Senado aproba este mércores o recorte da lei do aborto malia ao rexeitamento da oposición e tamén da parte do PP que esixe unha restrición maior.
Fálase
Louzán aposta pola volta da selección galega de fútbol. O presidente da Federación Galega anunciouno onte na Radio Galega, onde tamén adiantou a súa intención de levar a Celta e Deportivo a xogar un amigable a América.
O Parlamento Europeo acolle este mércores o debate sobre o estado da UE. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
A UE advirte os Estados de que o reparto de persoas refuxiadas é "unha cuestión humanitaria, non un tema económico". Recólleo eldiario.es
O patrimonio da poboación galega con rendas máis altas medra 1.000 millóns nun ano. Cóntao Faro de Vigo
- Sete concentracións amosan nas cidades galegas o rexeitamento á violencia machista. Na imaxe, a da Coruña.
Tractores atópanse xa ás portas de San Caetano. Os gandeiros decidiron reforzar o cerco ao edificio administrativo da Xunta e ao DIA.
Os gandeiros diríxense xa cara á Xunta para reforzar o cerco a San Caetano. Decidírono na asemblea desta tarde.
A asemblea de gandeiros en Santiago comeza cunha queima de produtos lácteos franceses e alemáns. Imaxe de Unións Agrarias.
Este serán ás 8 celébranse concentracións contra a violencia machista nas sete cidades galegas. Estes son os lugares da convocatoria.