O Parlamento Europeo acolle este mércores o debate sobre o estado da UE. Pódese seguir ao vivo nesta ligazón.
Fálase
A UE advirte os Estados de que o reparto de persoas refuxiadas é "unha cuestión humanitaria, non un tema económico". Recólleo eldiario.es
O patrimonio da poboación galega con rendas máis altas medra 1.000 millóns nun ano. Cóntao Faro de Vigo
- Sete concentracións amosan nas cidades galegas o rexeitamento á violencia machista. Na imaxe, a da Coruña.
Tractores atópanse xa ás portas de San Caetano. Os gandeiros decidiron reforzar o cerco ao edificio administrativo da Xunta e ao DIA.
Os gandeiros diríxense xa cara á Xunta para reforzar o cerco a San Caetano. Decidírono na asemblea desta tarde.
A asemblea de gandeiros en Santiago comeza cunha queima de produtos lácteos franceses e alemáns. Imaxe de Unións Agrarias.
Este serán ás 8 celébranse concentracións contra a violencia machista nas sete cidades galegas. Estes son os lugares da convocatoria.
Os gandeiros reparten leite de balde ante o Carrefour de Santiago para protestar polos baixos prezos. Toda a información, hoxe en Praza.
A tractorada bloquea os accesos ao aparcadorio do Carrefour de Santiago entre aplausos da veciñanza.