En Galicia, o PP sería o máis votado en todas as enquisas, perdendo entre 3 e 6 escanos, sendo segundo En Marea nas que publica La Voz de Galicia, El Mundo e La Región e o PSOE na de ABC; Ciudadanos obtería dous deputados e Nós quedaría sen representación. La Voz de Galicia: PP (11), En Marea (6), PSOE (4), Cs (2). El Mundo: PP (9), En Marea (6), PSOE (6), Cs (2). ABC: PP (11-12), En Marea (3-5), PSOE (5-6), Cs (2). La Región: PP (10-12), En Marea (4-6), PSOE (4-5), Cs (2)
Fálase
Domingo de enquisas nos medios. ABC: PP (117-124), PSOE (83-85), Cs (59-63) e Podemos (50-53). El Mundo: PP (114-118), PSOE (76-81), Cs (62-68) e Podemos (56-60). La Voz de Galicia: PP (124), PSOE (78), Cs (63) e Podemos (59)
O cabeza de lista de Ciudadanos en Huesca, Jesús Tejada, cobrou de inmobiliarias mentres era o arquitecto municipal da cidade, informa El Diario en exclusiva. O xornal destaca noutra información que a polémica de Ciudadanos coa violencia de xénero lle está a pasar factura a Rivera, cando menos nas valoracións negativas que recibe nos medios.
195 países asinan en París un pacto para evitar que o aumento da temperatura media do planeta supere os dous graos este século. Entrará en vigor en 2020. Os Estados non estarán obrigados legalmente a cumprir cos seus compromisos, pero si a facer un seguimento, comunicalo e presentar revisións cada 5 anos. Aquí, o acordo explicado en dez claves. Varias manifestacións ecoloxistas protestan na rúa contra o acordo, por consideralo insuficiente.
O Deportivo empatou no Camp Nou (2-2) con goles de Lucas Pérez (77') e Alex Bergantiños (85'), despois de ir perdendo 2-0.
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, intervirá esta noite no mitin do PP na localidade, a pesar de que hai dúas semanas causou baixa no partido trala apertura de xuízo oral por un presunto delito de prevaricación urbanística na concesión de 45 licenzas en 2006 para construír máis de 3.000 vivendas
Na Conferencia sobre o Cambio Climático, Francia presenta o texto dun pacto global e "vinculante" que limite o quencemento a un máximo de 2 graos a finais de século. O documento definitivo será revisado polos 195 países presentes en París e, se todos están de acordo, será aprobado esta tarde.
Centos de tractores manteñen este sábado as súas mobilizacións na Coruña -co bloqueo de dous hipermercados- e Lugo -rodeando la muralla-, e con repartos de leite e información.
O salario medio das persoas con traballo que acaban de rematar os seus estudos universitarios é un 20% inferior ao de hai cinco anos, ao redor de 1.037 euros, segundo un estudo da Axencia para Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Ciudadanos plaxia parágrafos enteiros doutros autores no seu programa electoral, destaca El Diario.