Ciudadanos plaxia parágrafos enteiros doutros autores no seu programa electoral, destaca El Diario.
Fálase
A enquisa de Celeste-Tel para El Diario destaca que a intención de votar dos mozos e mozas de 18 a 30 anos pasou do 50 ao 62 por cento nos últimos cinco meses.
Morre un segundo policía español no atentado de Kabul. El Diario analiza os erros cometidos polo Goberno á hora de comunicar a nova do primeiro falecemento e cualifícao de "un vergoñento intento de ocultar a verdade"
A Plaza de los Caídos da Coruña é dende hoxe Praza da Concordia, en virtude do acordo plenario de 2009 que nunca fora aplicado.
O TSXG anula a adxudicación do Ofimático na Coruña. Tomba así o contrato de 45 millóns concedido a Acciona en 2011. Cóntao La Voz de Galicia.
A embaixada española en Kabul (Afganistán) vén de sufrir un ataque talibán, segundo informa a axencia Reuters e recolle eldiario.es. O Ministerio de Exteriores español confirmou xa que se trata dun ataque terrorista.
VÍDEO A candidata de NÓS por Pontevedra, Carme Adán, protesta contra a "estafa" da AP-9 pagando a peaxe en céntimos nunha das cabinas da autoestrada no treito Vigo-Redondela.
Owen Jones participará o vindeiro luns na Coruña nun encontro organizado por EnMarea (Paraninfo da Universidade, 19.30). O autor británico converteuse nos últimos anos, con obras como Chavs ou The Establishment e os seus artigos en The Guardian nunha das voces máis influíntes da esquerda en Europa. Podes ler aquí a entrevista que lle fixo El Diario e ver o programa de Salvados no que participou.
Antonio Manuel Fraga Allegue é o gañador do primeiro Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, fallado onte en Ourense, coa obra Querido H.P.L.. O xurado nomeou finalista a Peixe Babel, de Carlos Quiroga.
O PP perdería 4 ou 5 escanos en Galicia, segundo a enquisa de NC Report que hoxe publica La Razón. Os populares obterían entre 10 e 11 escanos, por 6 do PSOE, 4-5 de EnMarea e 2 de Ciudadanos.