O TSXG anula a adxudicación do Ofimático na Coruña. Tomba así o contrato de 45 millóns concedido a Acciona en 2011. Cóntao La Voz de Galicia.
Fálase
A embaixada española en Kabul (Afganistán) vén de sufrir un ataque talibán, segundo informa a axencia Reuters e recolle eldiario.es. O Ministerio de Exteriores español confirmou xa que se trata dun ataque terrorista.
VÍDEO A candidata de NÓS por Pontevedra, Carme Adán, protesta contra a "estafa" da AP-9 pagando a peaxe en céntimos nunha das cabinas da autoestrada no treito Vigo-Redondela.
Owen Jones participará o vindeiro luns na Coruña nun encontro organizado por EnMarea (Paraninfo da Universidade, 19.30). O autor británico converteuse nos últimos anos, con obras como Chavs ou The Establishment e os seus artigos en The Guardian nunha das voces máis influíntes da esquerda en Europa. Podes ler aquí a entrevista que lle fixo El Diario e ver o programa de Salvados no que participou.
Antonio Manuel Fraga Allegue é o gañador do primeiro Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, fallado onte en Ourense, coa obra Querido H.P.L.. O xurado nomeou finalista a Peixe Babel, de Carlos Quiroga.
O PP perdería 4 ou 5 escanos en Galicia, segundo a enquisa de NC Report que hoxe publica La Razón. Os populares obterían entre 10 e 11 escanos, por 6 do PSOE, 4-5 de EnMarea e 2 de Ciudadanos.
#20D Ciudadanos fica só na súa aposta por eliminar a cuestión de xénero da lei contra a violencia de xénero. Albert Rivera teima en referirse a "violencia doméstica".
#20D As rebaixas fiscais prometidas por Rajoy non figuran no programa do PP nin teñen memoria económica, se ben beneficiarían prioritariamente as rendas máis altas.
Pedro Sánchez ve en Besteiro un "proxecto ganador" para o PSdeG nunha entrevista con La Voz na que advirte de que "non votar ao PSOE" o 20-D significa "votar a Rajoy" e compromete reformular o reparto do sector do cerco.
Persoal de enfermaría e inspección farmacéutica denuncia falta de medios no Sergas. Recólleo Faro de Vigo