Na Conferencia sobre o Cambio Climático, Francia presenta o texto dun pacto global e "vinculante" que limite o quencemento a un máximo de 2 graos a finais de século. O documento definitivo será revisado polos 195 países presentes en París e, se todos están de acordo, será aprobado esta tarde.
Fálase
Centos de tractores manteñen este sábado as súas mobilizacións na Coruña -co bloqueo de dous hipermercados- e Lugo -rodeando la muralla-, e con repartos de leite e información.
O salario medio das persoas con traballo que acaban de rematar os seus estudos universitarios é un 20% inferior ao de hai cinco anos, ao redor de 1.037 euros, segundo un estudo da Axencia para Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Ciudadanos plaxia parágrafos enteiros doutros autores no seu programa electoral, destaca El Diario.
A enquisa de Celeste-Tel para El Diario destaca que a intención de votar dos mozos e mozas de 18 a 30 anos pasou do 50 ao 62 por cento nos últimos cinco meses.
Morre un segundo policía español no atentado de Kabul. El Diario analiza os erros cometidos polo Goberno á hora de comunicar a nova do primeiro falecemento e cualifícao de "un vergoñento intento de ocultar a verdade"
A Plaza de los Caídos da Coruña é dende hoxe Praza da Concordia, en virtude do acordo plenario de 2009 que nunca fora aplicado.
O TSXG anula a adxudicación do Ofimático na Coruña. Tomba así o contrato de 45 millóns concedido a Acciona en 2011. Cóntao La Voz de Galicia.
A embaixada española en Kabul (Afganistán) vén de sufrir un ataque talibán, segundo informa a axencia Reuters e recolle eldiario.es. O Ministerio de Exteriores español confirmou xa que se trata dun ataque terrorista.
VÍDEO A candidata de NÓS por Pontevedra, Carme Adán, protesta contra a "estafa" da AP-9 pagando a peaxe en céntimos nunha das cabinas da autoestrada no treito Vigo-Redondela.