O Tribunal Supremo anula o proxecto de construción da planta de Reganosa (Mugardos). A sentenza, firme, únese á que hai un mes anulou a autorización previa e obriga a empresa a solicitarlle ao Goberno en funcións que lle conceda novos permisos para seguir en funcionamento.
Fálase
#EPA O paro sobe en Galicia en 5.200 persoas no primeiro trimestre do ano e baixa en 47.800 a respecto de hai un ano. Toda a información, hoxe en Praza.
Democracia Ourensana denuncia que Baltar repartiu en 2015 dous millóns en obras a cinco empresas ligadas ao PP, entre elas Promociones Cruzval -que ten entre os seus accionistas a un curmán do ex delegado da Xunta, Rogelio Martínez-, e Coviastec -a construtora do ex alcalde de Maside-. Estas cinco compañías, grazas a pequenas adxudicacións, sumarían o 75% dos contratos de obras da Deputación.
A Audiencia de Ourense denega o arquivo da causa na que Baltar é investigado polo presunto ofrecemento a cambio de sexo. Recólleo Faro de Vigo.
A reválida de Bacharelato substituirá a selectividade, será obrigatoria para graduarse e servirá como proba de acceso ás universidades de toda España. O ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, destacou que o exame será "moi semellante" á actual selectividade e terá o mesmo peso na nota de acceso (o 60%)
O PP pacta unha moción de censura en Pontecesures para expulsar da Alcaldía ao BNG, que goberna en coalición co PSdeG-PSOE. Os populares chegaron a un acordo con dous edís independentes e un dos dous concelleiros de Terra Galega grupo que ata hai tres meses apoiaba o Goberno local
Beiras aposta pola fórmula do partido instrumental para En Marea e pola "simbiose" con Mareas en Común para as eleccións galegas. Afírmao nunha entrevista no Faro de Vigo
Fomento renuncia a ampliar a maior parte da Avenida de Alfonso Molina. A cambio, o Concello da Coruña acepta que a vía pase de catro a seis carrís entre a saída da AP9 e o desvío cara ao Polígono de Pocomaco
Defensa ten intención de poñer en venda directa as parcelas do Campo da Estrada, na Coruña, tras quedar deserta a poxa. O Congreso pediulle a pasada semana que abrise unha negociación co Concello para o seu traspaso
Garzón logra o aval de IU ás negociacións con Podemos para acadar unha confluencia estatal nos comicios. As bases da formación serán consultadas, de forma xenérica, entre o 2 e o 4 de maio.