O PP pacta unha moción de censura en Pontecesures para expulsar da Alcaldía ao BNG, que goberna en coalición co PSdeG-PSOE. Os populares chegaron a un acordo con dous edís independentes e un dos dous concelleiros de Terra Galega grupo que ata hai tres meses apoiaba o Goberno local
Fálase
Beiras aposta pola fórmula do partido instrumental para En Marea e pola "simbiose" con Mareas en Común para as eleccións galegas. Afírmao nunha entrevista no Faro de Vigo
Fomento renuncia a ampliar a maior parte da Avenida de Alfonso Molina. A cambio, o Concello da Coruña acepta que a vía pase de catro a seis carrís entre a saída da AP9 e o desvío cara ao Polígono de Pocomaco
Defensa ten intención de poñer en venda directa as parcelas do Campo da Estrada, na Coruña, tras quedar deserta a poxa. O Congreso pediulle a pasada semana que abrise unha negociación co Concello para o seu traspaso
Garzón logra o aval de IU ás negociacións con Podemos para acadar unha confluencia estatal nos comicios. As bases da formación serán consultadas, de forma xenérica, entre o 2 e o 4 de maio.
Rajoy cre un "error" substituír clases de inglés por "idiomas muy respetables españoles". Afirmouno nun acto de partido que recolle La Voz
Pontón apela á "oportunidade" das novas xerais para que Galicia "volva ter voz propia nas Cortes"
Espazo Ecosocialista e EQUO abren "un proceso de confluencia" para "reagrupar a esquerda verde e renovadora". Ambas as dúas formacións apoian o proceso das Mareas en Común e apostan por crear un "referente galego do ecoloxismo político, ecofeminista e ecopacifista".
Mercadona despide en Oleiros a unha empregada por criticar nas redes sociais o trato dado ao persoal. A empresa xustifica a acción, comunicada a través de burofax, polos “comentarios inxuriosos e calumniosos” supostamente difundidos a través de internet pola traballadora, que estaba de baixa por ansiedade.