Fálase
Rajoy cre un "error" substituír clases de inglés por "idiomas muy respetables españoles". Afirmouno nun acto de partido que recolle La Voz
Pontón apela á "oportunidade" das novas xerais para que Galicia "volva ter voz propia nas Cortes"
Espazo Ecosocialista e EQUO abren "un proceso de confluencia" para "reagrupar a esquerda verde e renovadora". Ambas as dúas formacións apoian o proceso das Mareas en Común e apostan por crear un "referente galego do ecoloxismo político, ecofeminista e ecopacifista".
Mercadona despide en Oleiros a unha empregada por criticar nas redes sociais o trato dado ao persoal. A empresa xustifica a acción, comunicada a través de burofax, polos “comentarios inxuriosos e calumniosos” supostamente difundidos a través de internet pola traballadora, que estaba de baixa por ansiedade.
Falece o padre Isorna, quen oficiou durante anos misa na TVG. Comprometido coa cultura e a lingua galega, será soterrado esta tarde en Valga.
As construtoras ameazan con parar o AVE a Galicia se Fomento non recoñece os sobrecustos. Os problemas, por todo o Estado, concéntranse na alta velocidade galega e no Y vasco.
O crowdfunding de La Marea para publicar dossieres sobre as 35 empresas do Ibex suma xa 20 mil euros en dous días. Búscase recadar entre 70 e 150 mil euros para financiar o proxecto.
A Coruña contará dende este xoves co primeiro caixeiro de Bitcoin en Galicia
Ignacio Escolar repasa a conexión entre Juan Luis Cebrián e a trama de empresas offshore en paraísos fiscais. O director de eldiario.es revela que lle veñen de comunicar que deixará de ser convidado a colaborar na Cadena Ser