O BNG decide abrir as súas asembleas locais "a todas as persoas interesadas en reforzar a alternativa dun polo nacionalista de esquerdas en Galiza". Esta apertura, co obxectivo de "ampliar a base social e electoral do nacionalismo de esquerdas", foi decidida na xuntanza celebrada este sábado polo Consello Nacional da formación frontista.
