No Congreso de +Galiza, entre as opinións a favor de permanecer no BNG destacaron algunhas que afirmaron que "este non é o momento apropiado, as anteriores iniciativas alternativas á UPG tiveron moito mais tempo", "hoxe estamos fracasando. A sociedade non é capaz de comprendelo" ou "a xente non comprende os porqués das desputas e que non é responsable exacerbalas". Porén, foron maioría as intervencións que defendían a saída: "hai espazo para unha nova forza política en Galiza, a sociedade reclama novos referentes", "Isto é unha casa de lobos, levamos caendo 16 anos e a sociedade non está co BNG", "Nós marcaremos o camiño porque somos moitos os que cremos que a casa común xa deixou de ser casa común", "é irresponsabilidade non facer nada cando perdemos 200.000 votos", "Eu non me vou, a min botáronme xa hai bastantes anos", "Hai espazo para o noso proxecto político dentro do BNG? A resposta contundente é non", "A xente dentro quere cambio e a de fora tamén quere cambio e está agardando", "Síntome refén da casa común e cando alguén se sinte refén é evidente que ten que marchar" ou "Hoxe é un día de primavera. Transformemos o país".
