#12C_PSdeG Como prometera Pachi Vázquez, o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, será dende hoxe presidente do PSdeG

#12C_PSdeG Como prometera Pachi Vázquez, o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, será dende hoxe presidente do PSdeG
#12C_PSdeG Pachi Vázquez configura a súa nova Executiva. Pablo García mantense como secretario de organización e créanse catro grandes secretarías de coordinación. Laura Seara levará a área institucional e de Participación, Carmen Gallego a de Promoción Económica e Emprego, Margarita Pérez a de Benestar e Francisco Caamaño ocuparase da coordinación de Política, Ideas e Programas.
Terra Galega elixiu este sábado a Guillermo Sánchez Fojo como secretario xeral no seu terceiro Congreso; Manuel Andrade Cristóbal é o vicepresidente e Pablo Padín o presidente de honor. O partido aprobou unha ponencia política que pide, por exemplo, a supresión das deputacións provinciais.
Máis de sete mil persoas participaron este sábado no acto de constitución da Assemblea Nacional Catalana, no Palau Sant Jordi de Barcelona. Aprobouse unha "folla de ruta cara á independencia", que prevé crear unha majioria social para traballar pola independencia e celebrar un referendo en 2014. Información e vídeo en Vilaweb.
A Casa Real nega que o rei fose "comprensivo" cos autores do 23-F, como publicou o semanario alemán Der Spiegel. Faino nunha resposta parlamentaria ao deputado de IU Gaspar Llamazares. Na Cadena SER.
La Información recolle unha das curtas do festival Notodofilmfest máis vistas en Internet, Doble check, de Paco Caballero, unha historia en clave de humor sobre a onda expansiva que pode chegar a ter o uso do Whatsapp.
O diario Ara lembra hoxe o primeiro aniversario da catástrofe de Fukushima, na que os efectos do shunami se viron agravados por un accidente nuclear.
Boa parte do movemento feminista galego, respondendo á chamada do SLG, trasladou para este domingo o seu acto central polo 8 de marzo. A manifestación, baixo o lema Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos, parte ás 12 da Alameda de Santiago.
Tras as manifestacións do Día da Clase Obreira Galega convocadas pola CIG, algunhas cunha resposta multitudinaria, caso de Vigo, hoxe CC.OO. e UGT organizan tamén protestas contra a reforma laboral.
Paco Martín 'retrata' a Agustín Fernández Paz en El País. Agustín Fernández Paz, a quen todo o mundo quere