O alcalde de Badalona, o popular Xavier García Albiol, será xulgado por incitación ao odio. Está acusado de repartir en 2010 xunto a Alicia Sánchez-Camacho panfletos electorais que vencellaban os xitanos romaneses con problemas de delincuencia
Fálase
O PP alega na súa defensa que os papeis de Bárcenas prexudican a 'marca España'.
Primeira exhumación en Galicia para aclarar o caso dun suposto bebé roubado. Tivo lugar no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
O Eurogrupo dá sete anos máis a Irlanda e Portugal para devolver o rescate. Pretende reducir así as dificultades de refinanciamento e facilitar a volta aos mercados.
O Goberno aproba o decreto que permitirá a Sáenz seguir no Santander malia que o Supremo lle anulara o indulto. A norma permite seguir exercendo aos banqueiros con antecedentes penais.
CCOO-Ensino abandonou a Mesa Sectorial na que se trataba o decreto de comedores escolares "polo nulo interese negociador da Consellaría".
A área de mocidade de IU lanza unha campaña na rede con motivo do aniversario da II República baixo o lema #FelipeNOserásREY
A área de mocidade de IU lanza unha campaña na rede con motivo do aniversario da II República baixo o lema #FelipeNOserásREY
O PSOE propón no Congreso a expropiación forzosa da vivenda ás entidades financeiras, con carácter temporal, para dar "cobertura" ás "persoas en circunstancias de emerxencia social" fronte aos desafiuzamentos.
Romay Beccaría asegura que el "tampouco coñecía a Marcial Dorado". "Non estou contando ningún conto", asegura nun almorzo da Asociación da Prensa da Coruña. Di que non ten "información ningunha" das posibles axudas concedidas pola Xunta na súa etapa como conselleiro.