Para CIG-Saúde, o éxito da folga de dous días no SERGAS e a masiva participación nas manifestacións deste martes demostran que "na defensa da sanidade pública non hai maiorías silenciosas”. María Xosé Abuín afirma que “non imos parar até que cambien a súa política sanitaria e social ou até que os expulsemos do goberno”
Fálase
A Brif de Laza cifra nunhas 300 hectáreas a superficie que xa ardeu no parque do Xurés.
Os da Ría achégannos a súa xa tradicional mensaxe de aninovo, destinada especialmente a Alberte Núñez Feixoo, e desexando un 2014 "sen avaricia"
Mayo Fuster Morell reflexiona en El Diario sobre o significado político de que só o 10% dos usuarios dunha rede (unha rede social, por exemplo) participen activamente (e que só o 1% o faga con frecuencia).
El Confidencial reseña Universidad y Ciencia en España. Claves de un fracaso y vías de solución, un libro moi crítico co funcionamento da universidade española, os seus problemas de endogamia e o desprezo á investigación, escrito por Clara Eugenia Núñez
The Pirate Bay muda de nome de dominio por cuarta vez no que vai de ano. Adoptou o .ac (de Illa Ascensión) como medida provisoria, antes de instalarse nun dominio peruano.
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia organiza unha cadea humana este domingo en Vigo para esixir uns "orzamentos xustos".
A Radio Galega informa dun incendio forestal nos concellos ourensáns de Lobios e Muíños, aínda sen controlar por mor do vento
El Diario publica os correos electrónicos nos que o ex presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa, celebraba o éxito da colocación das participacións preferentes. "E iso que enganamos os clientes", dicía.
A RAG reubicará parte dos seus seminarios e fondos na Cidade da Cultura. Cóntao Faro de Vigo