El Confidencial reseña Universidad y Ciencia en España. Claves de un fracaso y vías de solución, un libro moi crítico co funcionamento da universidade española, os seus problemas de endogamia e o desprezo á investigación, escrito por Clara Eugenia Núñez
Fálase
The Pirate Bay muda de nome de dominio por cuarta vez no que vai de ano. Adoptou o .ac (de Illa Ascensión) como medida provisoria, antes de instalarse nun dominio peruano.
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia organiza unha cadea humana este domingo en Vigo para esixir uns "orzamentos xustos".
A Radio Galega informa dun incendio forestal nos concellos ourensáns de Lobios e Muíños, aínda sen controlar por mor do vento
El Diario publica os correos electrónicos nos que o ex presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa, celebraba o éxito da colocación das participacións preferentes. "E iso que enganamos os clientes", dicía.
A RAG reubicará parte dos seus seminarios e fondos na Cidade da Cultura. Cóntao Faro de Vigo
A RAG reubicará parte dos seus seminarios e fondos na Cidade da Cultura. Cóntao Faro de Vigo
Pescanova ten unha débeda de máis de 4.200 millóns e só en 2012 perdeu 791 millóns. A veracidade dos datos de negocio da empresa está tan cuestionada que Deloitte admite que empregou “xuízos de valor” á hora de estimar certas partidas
Milleiros de persoas manifestánse nestes momentos en seis das sete cidades galegas (a marcha de Ferrol celebrouse ás seis da tarde) e vilas coma Burela, O Barco ou Monforte, en defensa da sanidade pública. Na imaxe, a manifestación da Coruña.
Un traballo de Xavier Martínez-Celorrio, publicado en El Diario, sinala Galicia como un dos territorios do Estado con menor mobilidade social e entre clases nas últimas décadas.