A policía alemá rexistrou esta mañá unha vivenda en Munich, dentro do operativo derivado do atentado deste venres pola tarde, na que un mozo xermano de 18 anos, de ascendencia iraniana, matou 9 persoas nun centro comercial antes de se suicidar.

A policía alemá rexistrou esta mañá unha vivenda en Munich, dentro do operativo derivado do atentado deste venres pola tarde, na que un mozo xermano de 18 anos, de ascendencia iraniana, matou 9 persoas nun centro comercial antes de se suicidar.
A Xunta presenta o deseño da ampliación da súa sede de San Caetano sobre o espazo da actual estación de autobuses de Santiago. Correrá a cargo dos arquitectos Celso López Martín e Jorge Salgado Cortizas, cunha proposta que integra pedra e vexetación e cunha pasarela de cristal para unir o recinto actual co novo edificio.
Dimite a directora da DGT, María Seguí. Interior investiga se o seu departamento beneficiou ao seu marido encargándolle proxectos de investigación.
Antón Pulido pronuncia en Castrelos o bando da tradicional celebración adiantada do Día Nacional de Galicia en Vigo: “A min xa me encanta recordar o que está por vir, o moito e moito que está por vir. Viva Galicia!”, di o pintor.
Absolto o presidente de Batas Blancas en Galicia, José María Borro, que fora suspendido polo Colexio de Médicos da Coruña por denunciar a realización de prácticas médicas irregulares no CHUAC que afectaron á saúde dunha paciente.
Trump acepta a nominación do Partido Republicano, presentándose como o candidato da "lei e a orde"
O Goberno en funcións emprega a autorización dada á Generalitat para emitir nova débeda -unha medida xa prevista- para exhibir unha mellora das relacións entre o PP e os partidos nacionalistas, no marco das negociacións para a investidura.
O Goberno municipal de Barcelona multará as empresas que non tomen medidas para paliar a pobreza enerxética. Un acordo obrigará as compañías a condonar a débeda e evitar os cortes en caso de vulnerabilidade económica
O Consello Cidadán de Podemos Galicia aproba a fórmula de partido instrumental impulsada por Mareas en Común. Con todo, a decisión final será a das persoas inscritas na formación, que formarán de forma telemática a comezos do mes de agosto.
O Celta levou o derbi galego xogado en Montevideo, derrotando o Deportivo por 2 goles a 0, grazas aos tantos de Aspas e Radoja. Celta-Nacional e Depor-Peñarol completarán a xira dos dous equipos por Uruguai