A Xunta presenta o deseño da ampliación da súa sede de San Caetano sobre o espazo da actual estación de autobuses de Santiago. Correrá a cargo dos arquitectos Celso López Martín e Jorge Salgado Cortizas, cunha proposta que integra pedra e vexetación e cunha pasarela de cristal para unir o recinto actual co novo edificio.
Fálase
Dimite a directora da DGT, María Seguí. Interior investiga se o seu departamento beneficiou ao seu marido encargándolle proxectos de investigación.
Antón Pulido pronuncia en Castrelos o bando da tradicional celebración adiantada do Día Nacional de Galicia en Vigo: “A min xa me encanta recordar o que está por vir, o moito e moito que está por vir. Viva Galicia!”, di o pintor.
Absolto o presidente de Batas Blancas en Galicia, José María Borro, que fora suspendido polo Colexio de Médicos da Coruña por denunciar a realización de prácticas médicas irregulares no CHUAC que afectaron á saúde dunha paciente.
Trump acepta a nominación do Partido Republicano, presentándose como o candidato da "lei e a orde"
O Goberno en funcións emprega a autorización dada á Generalitat para emitir nova débeda -unha medida xa prevista- para exhibir unha mellora das relacións entre o PP e os partidos nacionalistas, no marco das negociacións para a investidura.
O Goberno municipal de Barcelona multará as empresas que non tomen medidas para paliar a pobreza enerxética. Un acordo obrigará as compañías a condonar a débeda e evitar os cortes en caso de vulnerabilidade económica
O Consello Cidadán de Podemos Galicia aproba a fórmula de partido instrumental impulsada por Mareas en Común. Con todo, a decisión final será a das persoas inscritas na formación, que formarán de forma telemática a comezos do mes de agosto.
O Celta levou o derbi galego xogado en Montevideo, derrotando o Deportivo por 2 goles a 0, grazas aos tantos de Aspas e Radoja. Celta-Nacional e Depor-Peñarol completarán a xira dos dous equipos por Uruguai
Turquía anuncia que suspende temporalmente a aplicación da Convención Europea de Dereitos Humanos. Atribúe a decisión ao estado de emerxencia tras o golpe de Estado e pon como exemplo a Francia para facelo. Recólleo eldiario.es