A Coordinadora Nacional de ANOVA, que se reuniu este sábado, acordou denunciar a agresión que está a sufrir o pobo palestino. Asi mesmo denunciou as prospeccións e explotacións mineiras na procura de metais raros proxectadas na serra do Galiñeiro e outros puntos da xeografía galega.