A web institucional Marca España esquece o franquismo no seu repaso á historia, e mitifica a Reconquista ou o reinado dos Reis Católicos ou dos Borbóns.
A web institucional Marca España esquece o franquismo no seu repaso á historia, e mitifica a Reconquista ou o reinado dos Reis Católicos ou dos Borbóns.
Amancio Ortega pasa a súa firma de inversión inmobiliaria Pontegadea Inversiones o 50% de Inditex e blinda o seu control. A transacción valorouse en 20.150 millóns de euros. Ortega culmina con esta operación un proceso de anos nos que Pontegadea foi absorbendo, dende Sicavs até pequenas participacións, todo o seu patrimonio
PP e independientes presentarán unha moción de censura en Vilamartín de Valdeorras contra o actual alcalde socialista. A popular María Jesusa Candal, filla do que fora alcalde dende 1975 até 2011 acusa o actual rexedor de intentar a fusión co concello co Barco.
Non puido ser. O Celta caeu no Bernabeu 4-0 e quedou eliminado da Copa. A pesar de encaixar dous goles nos primeiros minutos os celestes mantiveron as opcións de forzar a prórroga até o minuto 87 pero Casillas e Cristiano salvaron o Real Madrid.
A concentración convocada en Compostela para denunciar a detención do mozo supostamente relacionado con Resistencia Galega remata con cargas policiais, carreiras polo Ensanche e contedores queimados.
O BNG de Oza votará en contra da fusión con Cesuras no pleno que se celebrará este xoves. “Os motivos da fusión son propaganda política, unha chantaxe que en ningún caso favorecerá á veciñanza de Oza dos Ríos” afirma a voceira nacionalista no concello, Estefanía Busto.
A CEOE propón un novo contrato para mozos que tería como "referencia" o salario mínimo interprofesional. A patronal venllo de propoñer aos sindicatos.
O FMI propón a Portugal que prescinda do 20% dos funcionarios públicos e recorte un 7% os salarios do Estado. O documento entregado ao Goberno luso propón varios xeitos de recortar 4.000 millóns de euros, segundo conta Público.
A Xunta destinará 520.000 euros á Real Academia Galega, unha cantidade que Ferrín cre "insuficiente". A RAG suma 861.000 euros entre a achega do Estado e da autonomía.
Os Álbumes de guerra de Castelao (Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos) pódense descargar en epub e outros formatos neste blog