Non puido ser. O Celta caeu no Bernabeu 4-0 e quedou eliminado da Copa. A pesar de encaixar dous goles nos primeiros minutos os celestes mantiveron as opcións de forzar a prórroga até o minuto 87 pero Casillas e Cristiano salvaron o Real Madrid.
Non puido ser. O Celta caeu no Bernabeu 4-0 e quedou eliminado da Copa. A pesar de encaixar dous goles nos primeiros minutos os celestes mantiveron as opcións de forzar a prórroga até o minuto 87 pero Casillas e Cristiano salvaron o Real Madrid.
A concentración convocada en Compostela para denunciar a detención do mozo supostamente relacionado con Resistencia Galega remata con cargas policiais, carreiras polo Ensanche e contedores queimados.
O BNG de Oza votará en contra da fusión con Cesuras no pleno que se celebrará este xoves. “Os motivos da fusión son propaganda política, unha chantaxe que en ningún caso favorecerá á veciñanza de Oza dos Ríos” afirma a voceira nacionalista no concello, Estefanía Busto.
A CEOE propón un novo contrato para mozos que tería como "referencia" o salario mínimo interprofesional. A patronal venllo de propoñer aos sindicatos.
O FMI propón a Portugal que prescinda do 20% dos funcionarios públicos e recorte un 7% os salarios do Estado. O documento entregado ao Goberno luso propón varios xeitos de recortar 4.000 millóns de euros, segundo conta Público.
A Xunta destinará 520.000 euros á Real Academia Galega, unha cantidade que Ferrín cre "insuficiente". A RAG suma 861.000 euros entre a achega do Estado e da autonomía.
Os Álbumes de guerra de Castelao (Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos) pódense descargar en epub e outros formatos neste blog
A Deputación de Ourense quere que A Mina dos Alemáns en Casaio (Valdeorras) e mais a das Sombras, en Lobios, conformen as Rutas do Wolframio, e que este percurso sexa recoñecido como Itinerario Cultural do Consello de Europa
Acusan o presidente do Comité Olímpico Español e do comité organizador de Madrid 2020 de plaxiar a súa tese de doutoramento, presentada na Universidade de Vigo. En El Diario.
O Messenger desaparecerá o vindeiro 15 de marzo. Microsoft leva meses promovendo a migración dos seus usuarios cara a Skype, que mercou hai dous anos por seis mil millóns de euros.