Acusan o presidente do Comité Olímpico Español e do comité organizador de Madrid 2020 de plaxiar a súa tese de doutoramento, presentada na Universidade de Vigo. En El Diario.
Acusan o presidente do Comité Olímpico Español e do comité organizador de Madrid 2020 de plaxiar a súa tese de doutoramento, presentada na Universidade de Vigo. En El Diario.
O Messenger desaparecerá o vindeiro 15 de marzo. Microsoft leva meses promovendo a migración dos seus usuarios cara a Skype, que mercou hai dous anos por seis mil millóns de euros.
Os presidentes de Bolivia e Uruguai, Evo Morales e Pepe Mujica, asi coma o dirixente derrocado de Paraguai Fernando Lugo, participarán este xoves en Caracas nun acto de apoio a Hugo Chávez. Pola súa banda, a presidenta arxentina Cristina Fernández visitará o mandatario venezolano na Habana este venres.
Telemadrid aproba definitivamente o ERE que suporá o despedimento de máis de 800 traballadores
O xuíz ordena o embargo dos bens de Julio Fernández Gayoso e Javier García de Paredes, ex directivos de Novacaixagalicia, por non depositaren as fianzas que se lles esixían no proceso que se segue contra eles. Recólleo Europa Press na súa web.
O Museo do Pobo Galego subliña que precisa socias e socios para manter con regularidade as súas actividades. No seu Facebook explican como facelo e os dereitos das persoas socias.
Pikara Magazine entrevista a Laura Bugalho, que o vindeiro 16 de xaneiro será xulgada, acusada do delito de falsidade documental no seu labor de axuda ás persoas migrantes. A activista defende a converxencia de loitas e afirma que “non pode ser que cada cal loite pola súa pequena parcela se o campo é todo noso”
O líder de Esquerra, Oriol Junqueras, é nomeado oficialmente xefe da oposición en Catalunya. O programa electoral de Feijóo prevé crear unha figura semellante en Galicia.
O xuíz deixa a Alfon en liberdade. A irmá do mozo detido durante a folga do 14N confirma que sairá esta tarde da cadea, logo de mes e medio illado.
Un McDonalds ocupará o espazo da histórica libraría Catalònia de Barcelona. Vilaweb analiza a situación na que se atopan as librarías tradicionais en Catalunya, que este xoves se reunirán co conseller de Economía.