Só o 20% dos votantes do PP apoian a reforma da lei do aborto proposta por Gallardón, segundo unha enquisa que publica El Confidencial. No conxunto de persoas entrevistadas esta porcentaxe descende até o 8,8%
Fálase
O FROB designa Goldman Sachs, o banco de falseou as contas públicas gregas, como asesor para deseñar o plan de desinvestimento en Bankia. O proceso de privatización de Bankia durará dous anos.
Emigrantes retornados de toda Galicia intentan colapsar as delegacións de Facenda en varios puntos do país para reclamar unha solución á campaña masiva de multas que afectou xa uns 30.000 galegos. Imaxe de @obloque.
O tempo mellorará (algo) a partir deste domingo, pero polo momento Ulla segue deixando en toda Galicia imaxes coma as deste vídeo gravado hoxe na Cidade da Cultura
Facebook introduce (polo de agora só en inglés) a posibilidade de rexistrarse con xéneros distintos do masculino e feminino, como cisgénero, transxénero ou intersexual. Tamén permite que o pronome que acompaña as informacións sobre unha persoa sexa neutro.
A reforma do proxecto de Lei de Propiedade Intelectual, aprobada este venres polo Consello de Ministros, abre a vía civil para perseguir infraccións, eleva a contía das multas e limita o uso das copias privadas.
Bruxelas pediralle explicacións a España pola traxedia de Ceuta e polo uso de pelotas de goma contra as persoas migrantes que buscaban chegar a nado á costa.
Os e as socias galegas de Fiare celebrarán este sábado no Carballiño a Asemblea Xeral da Asociación Fiare Galiza, na que participará Juan Garibi (director xeral de Fiare), que informará das últimas novidades deste proxecto cooperativo de banca ética.
A Junta de Andalucía ábrelle expediente á Sareb, o banco malo, despois de detectar que xestionaba un milleiro de vivendas de protección oficial que non puxera a disposición do rexistro de demandantes. A sanción podería chegar aos 109 millóns de euros.
O Tribunal de Xustiza da UE vén de ditar unha sentenza que determina que enlazar un contido que, aínda que suxeito a dereitos de autor, se publicou de maneira aberta non implica violación ningunha do copyright