A poboación galega gastou 13,5 millóns máis en medicamentos dende a implantación do novo repagamento. En Faro de Vigo.
Fálase
Acredores de Díaz Ferrán acusan a empresa galega Monbus de colaborar no baleirado do patrimonio de Marsans. O propietario da firma, Raúl López, négao. Cóntao El País
O Racing de Ferrol imponse por 1-0 ao Burgos e asegúrase a participación na eliminatoria de ascenso á Segunda división.
O primeiro ministro do Xapón, Shinzo Abe, visitou este domingo Compostela no marco da súa xira de nove días por Europa. Feijóo e Rajoy, este último coa súa dona na comitiva oficial, acompañárono por diferentes enclaves turísticos da capital, como as cubertas da catedral ou o Hostal dos Reis Católicos.
Gerry Adams, en liberdade sen cargos. O líder do Sinn Féin estivo detido e a ser interrogado durante catro días. Cóntao o Irish Times.
A Audiencia Nacional xulga o xoves a Marcial Dorado, o narco fotografado con Feijóo na etapa do actual presidente como secretario xeral do Sergas. A Fiscalía Antidroga pide 21 anos de cárcere para el.
Unha enquisa de Demoscopia dálle ao PP unha lixeira vantaxe sobre o PSOE nas eleccións europeas. Ambos partidos perderían cinco escanos. A coalición na que se integra AGE obtería 7 escanos e a do BNG, un.
Carme Vidal gaña o premio da AELG á mellor xornalista cultural. Os galardóns da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega distinguiron tamén a, entre outros, Berta Dávila, Ramón Nicolás ou Rebeca Baceiredo
CD Lugo e Deportivo da Coruña empataron a dous goles no derbi deste sábado, nun estadio Anxo Carro que quedou pequeno para ambas afeccións.
O PP gañaría as eleccións europeas en Galicia cunha abstención próxima ao 60%, segundo unha enquisa que hoxe publica La Voz. O PSdeG sería a segunda forza, seguida de AGE e do BNG.