A Xunta prevé devolverlles as subvencións aos colexios que segregan o alumnado por razón de sexo. Cóntao La Voz
Fálase
O PP ratifica que non actuará contra os edís de Santiago que serán xulgados o día 19 ata que o xulgado dite sentenza. Cóntao Faro de Vigo.
Hoxe comeza en Madrid o xuízo por branqueo contra o narco Marcial Dorado. Cóntao El País.
A Asociación PuntoGal informará das distintas fases de lanzamento do dominio .gal nun acto que se celebrará o vindeiro 16 de maio na Cidade da Cultura. Tamén se presentará a primeira web que empregará o dominio.
O 67% dos galardóns culturais galegos premian homes, un 20% mulleres e un 13% asociacións ou obras artísticas. De igual xeito, só un 8,4% dos galardóns xornalísticos son recibidos por mulleres, segundo destaca a segunda entrega do informe A muller na cultura galega, elaborado polo CCG.
O parlamento catalán inicia o trámite para prohibir a presenza de animais nos circos. A proposta conta co apoio de CiU, ERC, PSC, ICV-EUiA e CUP, e o rexeitamento de PP e Ciutadans.
A Audiencia da Coruña desestima o recurso dos edís de Santiago que tentaban evitar o xuízo por querer pagar con fondos públicos o avogado dun imputado na Pokémon. Máis información, esta tarde en Praza.
Ada Colau deixa de ser a portavoz da PAH, aínda que seguirá ligada como activista noutras tarefas da plataforma. Descarta "fichar" por algún partido, aínda que deixa a porta aberta á participación en "procesos amplos que propoñan un cambio real nas formas de facer política" para "reapropiarnos das institucións".
O BNG recorre o reparto dos espazos electorais nos medios públicos ao apreciar unha "vontade deliberada" de prexudicalo. A información, esta tarde en Praza.
A Liga Estudantil Galega transmítelle á USC a súa preocupación polos "casos de acoso nocturno" que sofren as estudantes no campus compostelán e reclama medidas como máis vixilancia ou mellor alumeado público.