O parlamento catalán inicia o trámite para prohibir a presenza de animais nos circos. A proposta conta co apoio de CiU, ERC, PSC, ICV-EUiA e CUP, e o rexeitamento de PP e Ciutadans.
Fálase
A Audiencia da Coruña desestima o recurso dos edís de Santiago que tentaban evitar o xuízo por querer pagar con fondos públicos o avogado dun imputado na Pokémon. Máis información, esta tarde en Praza.
Ada Colau deixa de ser a portavoz da PAH, aínda que seguirá ligada como activista noutras tarefas da plataforma. Descarta "fichar" por algún partido, aínda que deixa a porta aberta á participación en "procesos amplos que propoñan un cambio real nas formas de facer política" para "reapropiarnos das institucións".
O BNG recorre o reparto dos espazos electorais nos medios públicos ao apreciar unha "vontade deliberada" de prexudicalo. A información, esta tarde en Praza.
A Liga Estudantil Galega transmítelle á USC a súa preocupación polos "casos de acoso nocturno" que sofren as estudantes no campus compostelán e reclama medidas como máis vixilancia ou mellor alumeado público.
Feijóo adianta que a SEPI anunciará o buque prometido para Navantia tras a reunión que manteñe con representantes da sociedade estatal e o alcalde de Ferrol. Máis información, esta mañá en Praza.
A Universidade de Vigo acolleu un seminario do profesor da Universidade de Carolina do Norte Mo-Yuen Chow, un dos maiores expertos mundiais nas Smart Grids ou Redes Eléctricas Intelixentes, das que dixo que serán unha revolución equivalente á de Internet
España queda soa en Europa no cultivo de transxénicos. Tras a prohibición en Francia e Polonia, só o Estado ten unha cantidade de solo significativa dedicada ao millo transxénico.
A corporación do Concello de Santiago homenaxeou este martes os axentes da Policía local compostelá que participaron no rescate tras o accidente de Angrois.
A xornalista vasca Isabel Camacho analiza en El Diario as repercursións da permanencia en prisión de Arnaldo Otegi. Arnaldo Otegi vai camiño de ser lehendakari, titúlao.