España queda soa en Europa no cultivo de transxénicos. Tras a prohibición en Francia e Polonia, só o Estado ten unha cantidade de solo significativa dedicada ao millo transxénico.
Fálase
A corporación do Concello de Santiago homenaxeou este martes os axentes da Policía local compostelá que participaron no rescate tras o accidente de Angrois.
A xornalista vasca Isabel Camacho analiza en El Diario as repercursións da permanencia en prisión de Arnaldo Otegi. Arnaldo Otegi vai camiño de ser lehendakari, titúlao.
O PP négase no Congreso a recuar na reforma da xustiza universal para poder volver perseguir narcotraficantes coas mesmas capacidades que antes da modificación. En El Diario
A TVG convoca os candidatos de PP, PSdeG, AGEe e BNG ás europeas a un debate na súa segunda canle o vindeiro día 15. Cóntao Faro de Vigo.
O PSdeG abrirá a campaña das europeas en Vigo e pecharáa en Santiago coa participación de Eduardo Madina. Durante a carreira electoral a candidatura de José Blanco celebrará actos con Alfredo Pérez Rubalcaba, Patxi López e José Luis Rodríguez Zapatero.
A Xunta dá por controlado o incendio que cerca a serra da Enciña da Lastra, en Ourense, que leva arradas unhas 200 hectáreas.
CC OO respóndelle a Fernández Alvariño que a precariedade laboral é un "lastre" para as empresas e a economía de Galicia. O presidente da Confederación Galega de Empresarios afirmou este luns na Coruña que os sindicatos se "trabucan" ao demandar "emprego de calidade".
O Claustro da Universidade da Coruña aproba a xestión de 2013 do reitor, Xosé Luís Armesto, con 97 votos a favor, 9 en contra e 18 abstencións.
O Marisquiño de Vigo levará á cidade do 8 ao 10 de agosto a Copa do Mundo de Skateboard. O evento de cultura urbana tivo máis de 80 mil espectadores o pasado ano.