O PP négase no Congreso a recuar na reforma da xustiza universal para poder volver perseguir narcotraficantes coas mesmas capacidades que antes da modificación. En El Diario
Fálase
A TVG convoca os candidatos de PP, PSdeG, AGEe e BNG ás europeas a un debate na súa segunda canle o vindeiro día 15. Cóntao Faro de Vigo.
O PSdeG abrirá a campaña das europeas en Vigo e pecharáa en Santiago coa participación de Eduardo Madina. Durante a carreira electoral a candidatura de José Blanco celebrará actos con Alfredo Pérez Rubalcaba, Patxi López e José Luis Rodríguez Zapatero.
A Xunta dá por controlado o incendio que cerca a serra da Enciña da Lastra, en Ourense, que leva arradas unhas 200 hectáreas.
CC OO respóndelle a Fernández Alvariño que a precariedade laboral é un "lastre" para as empresas e a economía de Galicia. O presidente da Confederación Galega de Empresarios afirmou este luns na Coruña que os sindicatos se "trabucan" ao demandar "emprego de calidade".
O Claustro da Universidade da Coruña aproba a xestión de 2013 do reitor, Xosé Luís Armesto, con 97 votos a favor, 9 en contra e 18 abstencións.
O Marisquiño de Vigo levará á cidade do 8 ao 10 de agosto a Copa do Mundo de Skateboard. O evento de cultura urbana tivo máis de 80 mil espectadores o pasado ano.
O barómetro de abril do CIS incrementa a vantaxe do PP sobre o PSOE até os 5,7 puntos (31,9%, fronte ao 26,56%). IU (10,9%) e UPyD (8,9%) baixan lixeiramente con respecto á última enquisa, o mesmo que o BNG (0,6%)
O video "Look up", que analiza a obsesión contemporánea con certas tecnoloxías, gadgets e redes, e reflexiona sobre os efectos da interconectividade, acada máis de 13 millóns de reproducións en youtube en tan só unha semana.
Dúas activistas de Femen protestan nun mitin de Esperanza Aguirre con berros de "Fascist eppidemic", o mesmo lema empregado hai uns días nunha acción semellante dirixida contra Marine Le Pen.