Dúas activistas de Femen protestan nun mitin de Esperanza Aguirre con berros de "Fascist eppidemic", o mesmo lema empregado hai uns días nunha acción semellante dirixida contra Marine Le Pen.
Fálase
A Universidade de Vigo mantense entre os 100 mellores centros de menos de 50 anos, no ranking The Times Higher Education. Ascende unha posición, grazas á valoración acadada en investigación e transferencia.
O paro rexistrado baixa en 20.315 persoas en Galicia a respecto de abril do pasado ano e en algo máis de 6.000 dende marzo. Hai algo máis de 270.000 persoas anotadas nas oficinas de emprego, mentres que a EPA indica que buscan traballo máis de 296.000 persoas. Máis información, hoxe en Praza.
Esta mañá coñécense os datos das persoas inscritas nas oficinas de emprego, as únicas que teñen "interese" en atopar traballo segundo o presidente da Xunta, que a pasada semana desdeñou a EPA como indicador do desemprego malia ser o índice de referencia internacional.
O tenente de alcalde da Coruña, Julio Flores, imputado na Pokémon, cualifica de "vago e inútil" ao voceiro local de EU, César Santiso, por pedirlle explicacións ao respecto no pleno municipal. Recólleo Faro de Vigo
A voceira do PP, Paula Prado, retoma hoxe a súa axenda ante a prensa para presentar xunto a Rueda e Millán Mon a campaña electoral europea do seu partido, da que é directora.
O perito da aseguradora de Renfe tamén ve fallos de seguridade en Angrois. É o terceiro que realiza esta indicación. Cóntao El País.
O Festival Mozart da Coruña non se celebrará este ano por falla de financiamento. O evento operístico sumaba quince edicións e xa no pasado exercicio non puidera contar con representacións.
O presidente da patronal ve "un erro" reclamar empregos de calidade. Fernández Alvariño lanzou unha "mensaxe de optimismo" sobre a situación económica de Galicia.
Compromiso por Galicia fai público o seu orzamento para a campaña das europeas. Gastarán 49.610 euros, dos que case 22.000 proceden de recursos propios, 6.000 de doazóns de simpatizantes e militancia e 21.800 de "anticipo electoral" doa coalición na que participan con PNV, CiU e CC. A formación galeguista agarda que outras forzas realicen tamén "este exercicio de transparencia".