O presidente da patronal ve "un erro" reclamar empregos de calidade. Fernández Alvariño lanzou unha "mensaxe de optimismo" sobre a situación económica de Galicia.
Fálase
Compromiso por Galicia fai público o seu orzamento para a campaña das europeas. Gastarán 49.610 euros, dos que case 22.000 proceden de recursos propios, 6.000 de doazóns de simpatizantes e militancia e 21.800 de "anticipo electoral" doa coalición na que participan con PNV, CiU e CC. A formación galeguista agarda que outras forzas realicen tamén "este exercicio de transparencia".
Ás 11 desta mañá preséntase en Compostela a plataforma Avante Galiza!, na que representantes de diferentes ámbitos sociais apoian a candidatura do BNG ás eleccións europeas.
O voto da mocidade inclínase cara á esquerda, segundo unha enquisa de Metroscopia para a Cadena Ser. A maioría dos menores de 35 anos optan polo actual Estado autonómico.
A Garda Civil rexistra Adif por presunta malversación de fondos nas obras do AVE entre Madrid e Barcelona. Cóntao El País
O xornal brasileiro Estadão recompila as últimas mostras de racismo en partidos da liga española de fútbol e as reaccións dos xogadores ante as mesmas.
A directora de cine brasileira Carla Dauden logra millóns de visitas en internet co vídeo no que explica as súas razóns para opoñerse á celebración do Mundial de fútbol no seu país de orixe. "Celebralo no Brasil é absurdo", di nunha entrevista en El Diario
A poboación galega gastou 13,5 millóns máis en medicamentos dende a implantación do novo repagamento. En Faro de Vigo.
Acredores de Díaz Ferrán acusan a empresa galega Monbus de colaborar no baleirado do patrimonio de Marsans. O propietario da firma, Raúl López, négao. Cóntao El País
O Racing de Ferrol imponse por 1-0 ao Burgos e asegúrase a participación na eliminatoria de ascenso á Segunda división.