O voto da mocidade inclínase cara á esquerda, segundo unha enquisa de Metroscopia para a Cadena Ser. A maioría dos menores de 35 anos optan polo actual Estado autonómico.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/536737993c1b5-1399223147_307147_1399227396_noticia_normal.jpg)
O voto da mocidade inclínase cara á esquerda, segundo unha enquisa de Metroscopia para a Cadena Ser. A maioría dos menores de 35 anos optan polo actual Estado autonómico.
A Garda Civil rexistra Adif por presunta malversación de fondos nas obras do AVE entre Madrid e Barcelona. Cóntao El País
O xornal brasileiro Estadão recompila as últimas mostras de racismo en partidos da liga española de fútbol e as reaccións dos xogadores ante as mesmas.
A directora de cine brasileira Carla Dauden logra millóns de visitas en internet co vídeo no que explica as súas razóns para opoñerse á celebración do Mundial de fútbol no seu país de orixe. "Celebralo no Brasil é absurdo", di nunha entrevista en El Diario
A poboación galega gastou 13,5 millóns máis en medicamentos dende a implantación do novo repagamento. En Faro de Vigo.
Acredores de Díaz Ferrán acusan a empresa galega Monbus de colaborar no baleirado do patrimonio de Marsans. O propietario da firma, Raúl López, négao. Cóntao El País
O Racing de Ferrol imponse por 1-0 ao Burgos e asegúrase a participación na eliminatoria de ascenso á Segunda división.
O primeiro ministro do Xapón, Shinzo Abe, visitou este domingo Compostela no marco da súa xira de nove días por Europa. Feijóo e Rajoy, este último coa súa dona na comitiva oficial, acompañárono por diferentes enclaves turísticos da capital, como as cubertas da catedral ou o Hostal dos Reis Católicos.
Gerry Adams, en liberdade sen cargos. O líder do Sinn Féin estivo detido e a ser interrogado durante catro días. Cóntao o Irish Times.
A Audiencia Nacional xulga o xoves a Marcial Dorado, o narco fotografado con Feijóo na etapa do actual presidente como secretario xeral do Sergas. A Fiscalía Antidroga pide 21 anos de cárcere para el.