A débeda da banca española co BCE aumenta un 15,7% en abril e dispárase até un récord de 263.535 millóns, unha marca histórica.
Fálase
Un cento de clientes pide o peche das súas contas en Bankia nun acto de protesta do 15M e da Plataforma de Afectados pola Hipoteca na sede central da entidade de Madrid. As manifestacións estanse espallando a outras oficinas do banco, como esta de Alcalá. Imaxe de @madrilonia.
A prima de risco supera os 470 puntos ao pouco de abrir os mercados ante a incertidume sobre o sector financeiro español e a crise política en Grecia.
Javier Pedreira Wicho escribe en Microsiervos que "a banda larga si é necesaria", en resposta ás declaracións realizadas por Antón Reixa o venres.
O xornalista Christos Kefalis analiza en SinPermiso as perspectivas dun goberno de Syriza en Grecia
Daniel Raventós e Gustavo Búster, membros do Comité de Redacción de SinPermiso, escriben que "o 15M volve a escena"
A auga convértese no sinal de identidade do campus de Ourense e das súas liñas de investigación e ensino. Abranguerá as áreas de Turismo, Informática, Innovación Social e Educativa, Medio Ambiente e Alimentación
Luis Sanchís publica en Zona Crítica Cinco preguntas sobre o gasto en medicamentos en España
Merkel suma un novo revés electoral no Estado máis poboado de Alemaña, Renania-Westfalia. O SPD manterá o goberno de coalición cos Verdes, mentres que a CDU baixa máis de oito puntos. Os Piratas entran noutro parlamento rexional, con cae o oito por cento dos votos.
A policía volve desaloxar a Porta do Sol. Ao redor das seis da mañá os antidisturbios actuaron contra unhas dúascentas persoas que permanecían na Praza.