Merkel suma un novo revés electoral no Estado máis poboado de Alemaña, Renania-Westfalia. O SPD manterá o goberno de coalición cos Verdes, mentres que a CDU baixa máis de oito puntos. Os Piratas entran noutro parlamento rexional, con cae o oito por cento dos votos.
Fálase
A policía volve desaloxar a Porta do Sol. Ao redor das seis da mañá os antidisturbios actuaron contra unhas dúascentas persoas que permanecían na Praza.
O Club Ourense Baloncesto vence ante o Araberri e segue a andaina cara á LEB Ouro
O Goberno de Asturias, dirixido en funcións polo partido de Francisco Álvarez-Cascos, amaga con denunciar o Estado tras suxerir o Ministerio de Facenda que podería intervir as súas contas. En La Nueva España.
Remata a aventura do CB Breogán cara á ACB. Esta tarde perdeu ante o Menorca e fica apeado da fase de ascenso.
Finaliza tamén a liga na Terceira División galega. O Ourense é campión e loitará polo ascenso xunto a Alondras, Cerceda e Pontevedra. Perden a categoría o Xuventú Sanxenxo, o Lalín, o Estradense e o Cultural Areas. Poderían marchar con eles tamén As Pontes e Betanzos, que dependen do que aconteza nos play off de ascenso.
3ª división, xornada 38 Rápido de Bouzas 4 - 3 Ordes Estradense 2 - 2 Villalonga FC Racing de Ferrol 2 - 1 Alondras CF Racing Vilalbés 3 - 3 Negreira Deportivo B 0 - 0 Ourense Betanzos 2 - 1 Cultural Areas Xuventú Sanxenxo 0 - 1 CD Lalín UD Somozas 2 - 3 Pontevedra CF Cerceda 1 - 0 CD Dorneda Remata a derradeira xornada de liga regular na 2ªB. A vitoria ante o Albacete sérvelle ao Coruxo para manter unha categoría que perden Montañeros e Celta B. O Lugo, que caeu ante o Toledo, pelexará polo ascenso á Segunda División
2ªB, xornada 38 Coruxo FC 1 - 0 Albacete Balompié Montañeros CF 2 - 1 Sporting B CD Toledo 4 - 0 CD Lugo La Roda CF 4 - 0 RC Celta B O partido de Angela Merkel, a CDU, perde as eleccións no estado federado de Renania do Norte-Westfalia. Na Cadena SER.
Fútbol. Tras as contundentes vitorias de onte dos nosos representantes e o traspé do Valladolid no seu partido de hoxe, o Celta volta acompañar o Deportivo nos dous postos de ascenso directo á Primeira División. Os coruñeses contan con 7 puntos de vantaxe sobre vigueses e pucelanos, empatados a puntos entre si pero con vantaxe para os galegos no confronto directo.
Hóquei a patíns feminino. Novo revés para o Traviesas, que aínda non conseguiu nin un só punto en 22 xornadas de competición, sendo goleadas desta volta na casa por un dos equipos máis fortes da competición o Biescas de Gijón (0 a 5).