Mariano Rajoy prepara un axuste de Goberno para o 25 ou 26 de febreiro, coincidindo co debate do estado da nación, con escasos cambios, segundo publica El Diario. Dáse por feita a marcha de Arias Cañete, e Wert ou De Guindos tamén poderían ser substituídos.
Fálase
El Diario destaca que a chegada a Euskadi da Comisión Internacional de Verificación fai pensar nun inminente comunicado de ETA sobre o seu desarme
El Diario afonda nunha reportaxe na pobreza enerxética, a situación de millóns de persoas que en España non se poden permitir, por exemplo, acender a calefacción polo seu elevado custe, o 18% da poboación segundo o INE. Este domingo Salvados tratará tamén a cuestión e entrevistará o presidente da patronal das compañías eléctricas.
Así baixaba esta mañá a fervenza do Ézaro, por mor das constantes chuvias das últimas semanas. Imaxe de @marijosegil20
Os veciños e veciñas da zona de Galeras (Santiago de Compostela) concentráronse este sábado en denuncia da privatización dunha parte do parque público do barrio (imaxe de @EUCompostela)
Equo e Compromís ratifican a súa alianza para as eleccións europeas. A lista será encabezada por Compromís, pero o pacto establece un "liderado compartido" antes e despois da campaña.
Proxecto Derriba publica un novo texto, Relato(s) situado(s) a través das xeografías do mancomún, baseado nas experiencias dos montes veciñais en man común e no traballo realizado por O Monte é Noso.
El Diario entrevista o filósofo polaco Zygmunt Bauman, que aos 89 anos vén de publicar ¿La riqueza de unos nos beneficia a todos?. Destaca que vivimos "nun estado de divorcio entre o poder e a política”
Continúa en marcha o peche que dende hai días mantén un grupo de estudantes na Facultade de Ciencias da Educación, en protesta pola mercantilización da cultura e da educación. Levan a cabo un programa de charlas e debate de acceso libre.
Unhas cinco mil persoas manifestáronse este venres en Pontevedra, baixo unha intensa chuvia, en defensa da sanidade pública e en contra do cambio de hospital de referencia das comarcas do Salnés e de Pontevedra, que pasaría de Vigo a ser Compostela.