Equo e Compromís ratifican a súa alianza para as eleccións europeas. A lista será encabezada por Compromís, pero o pacto establece un "liderado compartido" antes e despois da campaña.
Fálase
Proxecto Derriba publica un novo texto, Relato(s) situado(s) a través das xeografías do mancomún, baseado nas experiencias dos montes veciñais en man común e no traballo realizado por O Monte é Noso.
El Diario entrevista o filósofo polaco Zygmunt Bauman, que aos 89 anos vén de publicar ¿La riqueza de unos nos beneficia a todos?. Destaca que vivimos "nun estado de divorcio entre o poder e a política”
Continúa en marcha o peche que dende hai días mantén un grupo de estudantes na Facultade de Ciencias da Educación, en protesta pola mercantilización da cultura e da educación. Levan a cabo un programa de charlas e debate de acceso libre.
Unhas cinco mil persoas manifestáronse este venres en Pontevedra, baixo unha intensa chuvia, en defensa da sanidade pública e en contra do cambio de hospital de referencia das comarcas do Salnés e de Pontevedra, que pasaría de Vigo a ser Compostela.
A Deputación de Lugo rescinde o contrato cunha empresa de seguridade por baixarlles o soldo aos seus traballadores, "amparándose na reforma laboral". O ente provincial considera que a empresa incumpriu as condicións laborais dos seus propios traballadores e "infrinxiu o contrato" coa propia Deputación.
Só o 20% dos votantes do PP apoian a reforma da lei do aborto proposta por Gallardón, segundo unha enquisa que publica El Confidencial. No conxunto de persoas entrevistadas esta porcentaxe descende até o 8,8%
O FROB designa Goldman Sachs, o banco de falseou as contas públicas gregas, como asesor para deseñar o plan de desinvestimento en Bankia. O proceso de privatización de Bankia durará dous anos.
Emigrantes retornados de toda Galicia intentan colapsar as delegacións de Facenda en varios puntos do país para reclamar unha solución á campaña masiva de multas que afectou xa uns 30.000 galegos. Imaxe de @obloque.
O tempo mellorará (algo) a partir deste domingo, pero polo momento Ulla segue deixando en toda Galicia imaxes coma as deste vídeo gravado hoxe na Cidade da Cultura