España, á cola de Europa en camas de hospital por habitante. O gasto sanitario, un 9,4% do PIB, tamén está lixeiramente por baixo da media.
Fálase
Marrocos deporta subsaharianos como castigo por se manifestar contra os ataques racistas. Máis de 15 persoas foron enviadas aos seus países sen garantías nin previo aviso.
A Xunta ten case a metade de liberados sindicais que en 2011 tras eliminar 330 nos últimos tres anos.
A alcaldesa de Viveiro, imputada por prevaricación urbanística, segundo adianta La Voz de Galicia. Catro edíx e ex edís, tamén imputados.
ABanca absorberá o Etcheverría o vindeiro 6 de outubro, cando os accionistas de ambas as dúas entidades voten a fusión das entidades.
O blog As MIR e unha noites recolle a experiencia dunha muller residente en Vigo á que unha farmacia da cidade se negou a dispensarlle un anticonceptivo, na liña doutras boticas que alegan obxección de conciencia para incorrer en actitudes semellantes.
A USC inaugurou oficialmente o curso este venres sen a presenza de ningún membro do Goberno da Xunta. O reitor compostelán, Juan Viaño, sitúa "a situación económica, a internacionalización e o cambio da organización docente e investigación" como prioridades do novo período.
A catedrática de Enxeñaría de Telecomunicacións Carmen García Mateo recibirá o premio María Josefa Wonenburger deste ano. Decidiuno este venres o plenario da Unidade de Muller e Ciencia da Xunta.
Cospedal propón unha "gran coalición" de PP, PSC, UPyD, C's e Unió contra o soberanismo en Cataluña. Os populares chaman á unión dos partidos "que defenden aos que se senten cataláns e españois".
Deputados do PP ignoran o que deben votar na Comisión de Educación do Parlamento de Galicia, cuxo presidente, Antonio Mouriño, iniciou a votación dúas veces pola ausencia do voceiro dos conservadores. Obsérvase nun vídeo difundido polo BNG.