Somos Nós celebra este domingo en Compostela a súa I Asemblea Xeral. Aprobará unha Xunta Directiva, un Plan de Traballo para 2015 e unha declaración política sobre as eleccións xerais de novembro. Toda a información, esta tarde en Praza.
Fálase
A perda da Deputación de Lugo por parte do PSdeG-PSOE (á espera dunha posible moción de censura) podería darlle ao PP a presidencia da Fegamp, destaca La Voz de Galicia.
En que países se prohíben as relacións homosexuais? Cales recoñecen as unións e matrimonios homosexuais? En que lugares do mundo poden parellas homosexuais adoptar? El Diario analiza a situación en todo o planeta, país por país, nun completo gráfico.
O Pontevedra regresa a Segunda B, despois de derrotar 3-0 o Haro Deportivo en Pasarón. Os granates igualaron a eliminatoria no minuto 56 e no 77 Kevin Presa marcou o gol que os poñía por diante.
A UE dá o primeiro paso para expulsar a Grecia do euro. Os ministros de Finanzas da eurozona dan por rotas as negociacións con Atenas e emiten un comunicado sen a sinatura do ministro Varoufakis. Néganse ademais a prolongar ata o 5 de xullo as condicións do crédito concedido, como pedira Tsipras,
Juan López de Uralde imponse nas primarias de Equo -cun 50,5% dos votos- á coportavoz da formación, Rosa Martínez, que obtivo o 43,4%. Aposta por formar parte "dunha candidatura ampla onde estean Podemos e IU e todas aquelas formacións e plataformas que queiran sumarse.
Máis de 600 persoas maniféstanse en Miño contra o alcalde Ricardo Sánchez Oroza, que accedeu ao poder cos votos do PP a pesar de obter só un edil nas eleccións do 24M
O Consello Social da Universidade da Coruña esíxelle á Xunta reducir o "déficit histórico" de financiamento que sofre a institución
Morre o neno de seis anos de Olot infectado de difteria pola negativa dos seus pais a vacinalo. O conseller de Saúde da Generalitat, Boi Ruiz, espera que se abra unha "reflexión colectiva" favorable á vacinación
El Diario entrevista Francisco Louça, lider ata 2012 do Bloco de Esquerda. O economista propón un plan para reestruturar a débeda e facela viable e asegura que o euro "non ten unha estrutura compatible cos países da periferia europea"