Máis de 600 persoas maniféstanse en Miño contra o alcalde Ricardo Sánchez Oroza, que accedeu ao poder cos votos do PP a pesar de obter só un edil nas eleccións do 24M
Fálase
O Consello Social da Universidade da Coruña esíxelle á Xunta reducir o "déficit histórico" de financiamento que sofre a institución
Morre o neno de seis anos de Olot infectado de difteria pola negativa dos seus pais a vacinalo. O conseller de Saúde da Generalitat, Boi Ruiz, espera que se abra unha "reflexión colectiva" favorable á vacinación
El Diario entrevista Francisco Louça, lider ata 2012 do Bloco de Esquerda. O economista propón un plan para reestruturar a débeda e facela viable e asegura que o euro "non ten unha estrutura compatible cos países da periferia europea"
Manuel María, Carballo Calero e Xela Arias, candidatos ás Letras Galegas do 2016. O plenario da Real Academia Galega reunirase o vindeiro 4 de xullo para escoller o homenaxeado ou homenaxeada.
Atenas convoca un referendo para que a cidadanía grega se pronuncie sobre a última oferta realizada pola troika, que Tsipras considera "inaceptables". Tsipras dá a entender que fará campaña polo non. "Grecia necesita enviar unha mensaxe de democracia cara a Europa. Europa sen democracia é unha Europa sen identidade nin sentido", afirmou o presidente grego
O BNG denuncia que a Deputación de Lugo do PP suspendeu as actividades de Cultura Aberta nos Xardíns.
O Supremo dos EUA legaliza o matrimonio homosexual en todo o país. A sentenza declara inconstitucionais as leis que o prohíben en varios estados.
Cando menos 27 turistas mortos nun atentado contra dous hoteis en Túnez. Horas antes, en Grenoble (Francia) un home foi asasinado nun ataque contra a fábrica de gas Air Products, nunha acción igualmente atribuída a grupos yihadistas
Podemos e ICV ultiman o pacto para concorrer conxuntamente -canda a Procés Constituent e outros movementos- ás eleccións catalás de setembro e ás xerais de novembro. Pablo Iglesias, Joan Herrera e Dolors Camats reuníronse este venres en Barcelona.