Cando menos 27 turistas mortos nun atentado contra dous hoteis en Túnez. Horas antes, en Grenoble (Francia) un home foi asasinado nun ataque contra a fábrica de gas Air Products, nunha acción igualmente atribuída a grupos yihadistas
Fálase
Podemos e ICV ultiman o pacto para concorrer conxuntamente -canda a Procés Constituent e outros movementos- ás eleccións catalás de setembro e ás xerais de novembro. Pablo Iglesias, Joan Herrera e Dolors Camats reuníronse este venres en Barcelona.
A bandeira LGTB pendura xa de varios concellos galegos, como na Coruña ou Compostela, co gallo do Día do Orgullo que se celebra esta fin de semana.
Unha nova concentración pedirá este venres a marcha do alcalde de Miño, Ricardo Sánchez, que asegura que pode gobernar só, sen edís doutros grupos, pois "a maior parte do traballo asúmena os funcionarios"
Finalizou sen acordo sobre a situación grega a terceira xuntanza do Eurogrupo en catro días. Os acreedores néganse a aceptar a quita proposta por Atenas e o 30 de xuño vence o préstamo de 1.600 millóns do FMI.
A Xunta de Fraga financiou en 1994 un libro que negaba o Holocausto, destaca El Diario. O ensaio de Juan Luis Beceiro La Mentira histórica desvelada falaba das "lendas negras" dos xenocidios do nazismo e dos colonizadores de América
Rajoy substitúe a Wert á fronte do Ministerio de Educación e Cultura. Iñigo Méndez de Vigo, actual secretario de Estado de Europa, será o novo responsable da carteira. Wert, fortemente criticado pola súa xestión e tras un continuado enfrontamento coa comunidade eductiva, era o ministro peor valorado: cunha nota de 1.56 no último CIS
O PSdeG expedienta a Manuel Martínez por entregarlle a Deputación de Lugo ao PP. Nuns minutos, a información en Praza
O TSXG confirma o procesamento da deputada do PP Marisol Piñeiro e do ex alcalde de Carnota, José Oreiro, por un presunto delito de prevaricación pola contratación fraudulenta dunha asesora en 2007 cando ambos os dous formaban arte do goberno local.
Manuel Martínez ratifica que non dimitirá como deputado provincial tras entregarlle coa súa votación a presidencia da Deputación de Lugo ao PP. O alcalde de Becerreá reivindica o seu "dereito" a ser candidato á presidencia. A información, esta tarde en Praza.