O PSdeG expedienta a Manuel Martínez por entregarlle a Deputación de Lugo ao PP. Nuns minutos, a información en Praza
Fálase
O TSXG confirma o procesamento da deputada do PP Marisol Piñeiro e do ex alcalde de Carnota, José Oreiro, por un presunto delito de prevaricación pola contratación fraudulenta dunha asesora en 2007 cando ambos os dous formaban arte do goberno local.
Manuel Martínez ratifica que non dimitirá como deputado provincial tras entregarlle coa súa votación a presidencia da Deputación de Lugo ao PP. O alcalde de Becerreá reivindica o seu "dereito" a ser candidato á presidencia. A información, esta tarde en Praza.
A formación independentista NÓS-UP anuncia a súa disolución. Nun comunicado, asegura que o seu "ciclo político está esgotado" logo de 14 anos de historia e chama á "unidade da esquerda patriota".
A Mesa pola Normalización intervén nuns minutos no Consello de Dereitos Humanos da ONU para denunciar a vulneración dos dereitos lingüísticos en Galicia e tras a presentación en xaneiro do relatorio onde se sinalaban graves casos de discriminación. Toda a información, hoxe en Praza. #ogalegonaONU
A Coruña incrementou en 8 millóns a súa débeda cos proveedores a un mes do 24-M e acumula 31,5 millóns de eurs en facturas pendentes de pago, o triple que Santiago e oito veces máis que Vigo.
Novas esixencias do FMI a Grecia, como máis duros recortes no sistema de pensións, afastan o acordo. Este xoves ao mediodía haberá unha nova xuntanza do Eurogrupo. Atenas esixe unha quita da débeda, que non é aceptada pola troika.
Unha lista conxunta de Podemos, ICV e movementos sociais acadaría 30 ou 31 escanos nas eleccións ao Parlamento catalán, moi cerca da candidatura encabezada por Artur Mas (33-35) e superando a C's (19-20) e ERC (19-20), segundo a sondaxe que hoxe publica El Periódico. A CUP (11-12) obtería tamén un gran resultado, superando a PSC (8-9) e PP (6-7). UDC entraría con 6 ou 7 deputados.
O Goberno está en contra de izar a bandeira arco iris no concello de Madrid no día do Orgullo Gai