Novas esixencias do FMI a Grecia, como máis duros recortes no sistema de pensións, afastan o acordo. Este xoves ao mediodía haberá unha nova xuntanza do Eurogrupo. Atenas esixe unha quita da débeda, que non é aceptada pola troika.
Fálase
Unha lista conxunta de Podemos, ICV e movementos sociais acadaría 30 ou 31 escanos nas eleccións ao Parlamento catalán, moi cerca da candidatura encabezada por Artur Mas (33-35) e superando a C's (19-20) e ERC (19-20), segundo a sondaxe que hoxe publica El Periódico. A CUP (11-12) obtería tamén un gran resultado, superando a PSC (8-9) e PP (6-7). UDC entraría con 6 ou 7 deputados.
O Goberno está en contra de izar a bandeira arco iris no concello de Madrid no día do Orgullo Gai
Piden cinco anos de cárcere para o ex primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi por subornar a un senador
Pablo Iglesias comunica a Garzón que non haberá acordo electoral entre IU e Podemos
O novo concelleiro de Cultura de Ferrol, Suso Basterrechea, confirmou este mércores a vontade da nova corporación de "executar á maior brevidade posible" os compromisos adquiridos co Ateneo Ferrolán, comezando polo pagamento da débeda que mantiña o Concello, o que permitirá a recuperación do patrimonio da entidade.
Darío Campos, alcalde da Pontenova, perfílase como novo presidente da Deputación de Lugo. A comisión federal de listas do PSOE rexeitou a candidatura de Manuel Martínez, a quen o BNG rexeitaba apoiar. A información, esta mañá en Praza.
Darío Campos, alcalde da Pontenova, perfílase como novo presidente da Deputación de Lugo. A comisión federal de listas do PSOE rexeitou a candidatura de Manuel Martínez, a quen o BNG rexeitaba apoiar. A información, esta mañá en Praza.
Charo López Sánchez gaña o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, que dende hai 15 anos organiza a asociación Ergueitos en Sarria. O xurado, formado por Marta Dacosta, Verónica Martínez e Miguel Anxo Fernán-Vello, elixiu o seu poemario, presentado baixo o lema De como acontece a fin do mundo
Eurodeputados denuncian arestora na Eurocámara as "ameazas" israelís á 'Frota da Liberdade', na que está embarcada a galega Ana Miranda