Darío Campos, alcalde da Pontenova, perfílase como novo presidente da Deputación de Lugo. A comisión federal de listas do PSOE rexeitou a candidatura de Manuel Martínez, a quen o BNG rexeitaba apoiar. A información, esta mañá en Praza.
Fálase
Darío Campos, alcalde da Pontenova, perfílase como novo presidente da Deputación de Lugo. A comisión federal de listas do PSOE rexeitou a candidatura de Manuel Martínez, a quen o BNG rexeitaba apoiar. A información, esta mañá en Praza.
Charo López Sánchez gaña o premio de poesía Fiz Vergara Vilariño, que dende hai 15 anos organiza a asociación Ergueitos en Sarria. O xurado, formado por Marta Dacosta, Verónica Martínez e Miguel Anxo Fernán-Vello, elixiu o seu poemario, presentado baixo o lema De como acontece a fin do mundo
Eurodeputados denuncian arestora na Eurocámara as "ameazas" israelís á 'Frota da Liberdade', na que está embarcada a galega Ana Miranda
Os deputados provinciais do PSdeG-PSOE en Lugo reúnense de urxencia esta mañá para buscar un acordo co BNG que permita manter o goberno da Deputación, tralo reiterado veto dos nacionalistas a Manuel Martínez, alcalde de Becerreá. Os socialistas poderían propoñer hoxe un nome alternativo. De non haber acordo, a alcaldesa de Mondoñedo Elena Candia (PP) sería a presidenta.
A Fiscalía de Pontevedra investiga a Espectáculos Lito, responsable das orquestras Panorama ou París de Noia, por unha posible fraude fiscal que roldaría os 9 millóns de euros. O propietario da empresa non tería declarado 46 dos 50 millóns que ingresou entre 2011 e 2012
O TSXG confirma a maioría absoluta do PSdeG-PSOE en Caldas de Reis ao aceptar dúas papeletas socialistas que foran impugnadas polo PP. En Ordes o tribunal outórgalle a vitoria ao PP sobre UXO por sete votos e un edil de diferenza, ao desestimar un recurso deste grupo independente.
El Diario analiza as dificultades que está atopando Tsipras no seo da propia Syriza, despois de verse obrigado o Goberno grego a realizar importantes cesións ante a troika para garantir a liquidez. Público destaca que unha parte importante da débeda grega procede dun disparatado gasto militar na última década, con millonarios contratos en beneficio de Francia ou Alemaña
Pablo Iglesias e Alberto Garzón reuniranse este mércores para "falar das perspectivas de ambas organizacións de cara ás próximas eleccións xerais"
Ao redor de 150 mil persoas festexaron o San Xoán na Coruña. A celebración encheu de cacharelas toda Galicia e, por exemplo, tamén Panxón (Nigrán) se encheu de xente, con máis de 20 mil paticipantes