Atenas convoca un referendo para que a cidadanía grega se pronuncie sobre a última oferta realizada pola troika, que Tsipras considera "inaceptables". Tsipras dá a entender que fará campaña polo non. "Grecia necesita enviar unha mensaxe de democracia cara a Europa. Europa sen democracia é unha Europa sen identidade nin sentido", afirmou o presidente grego
