Galicia é a autonomía na que máis se incrementan os xubilados ao sumar 7.509 ata xuño e apenas 1.200 activos menores de 25 anos.
Fálase
O Goberno central destina a Defensa un 37% máis do aprobado nos Orzamentos. Madrid recorre sistematicamente a créditos extraordinarios para cumprir os seus compromisos coa industria armamentística.
A dirección de Ciudadanos avala a súa edil de Pontevedra logo de que a directiva local decidise destituíla como coordinadora.
Feijóo non descarta aplicar o artigo 155 da Constitución a Cataluña no caso de que continúe co proceso soberanista. "Sempre é unha opción", di nunha entrevista en El Mundo, na que di que el "non é plan B ningún" a Rajoy.
San Luis entra en liquidación aos dous anos de comezar a súa nova etapa. A empresa trata de atopar comprador para as cinco tendas que aínda ten, onde traballan 25 empregados.
Ciudadanos de Pontevedra bota a súa coordinadora local por "pactar" co BNG. Militantes piden que deixe a acta de concelleira por chegar a acordos co Bloque.
A Deputación de Lugo augura noticias positivas para o lácteo a curto prazo. A presidenta, Elena Candia, di que se está estudando a posibilidade de fixar os prezos do leite, como sucede en Francia.
Medio milleiro de persoas maniféstanse en Guitiriz a prol do sector lácteo e por uns prezos xustos nunha marcha convocada polo Concello. O comercio local da vila pechou os seus establecementos durante a protesta.
O COB Ourense confirma que xogará a próxima tempada na Liga ACB tras aceptar o CSD a súa reclamación.
Cinco grandes incendios permanecen activos en Galicia, segundo informa Medio Rural. Vimianzo, Viana do Bolo ou Pereiro de Aguiar sofren os máis grandes.