A falta de dous minutos para o remate, o Blusens Mombus Obradoiro gaña en Málaga ao Unicaja 49-62
Fálase
A representación do PSdeG-PSOE na Executiva fica reducida a Carmela Silva, que ocupará a Secretaría de Emigración e a Pachi Vázquez, vogal. Na anterior Executiva había tres galegos e galegas (Blanco, Bugallo e a propia Silva)
José Antonio Griñán, presidente do PSOE. Elena Valenciano será a vicesecretaria, Óscar López, secretario de Organización e Patxi López, de Relacións Políticas. Houbo menos integración da lista de Chacón da prometida, e só destaca a presenza de José Zaragoza como vogal, aínda que a política catalá encabezará, canda a Chaves, a lista do Comité Federal.
As Ataque Escampe teñen novo vídeo!
O BNG, a través da eurodeputada Ana Miranda, expresou o seu apoio “a causa do pobo saharaui” incluíndo o seu dereito a autodeterminación, como recollen as propias resolucións do Consello de Seguridade da ONU, durante a súa intervención na 37ª Conferencia Europea de Coordinación (EUCOCO) que se está a celebrar esta fin de semana en Sevilla.
O guerreiro da Domus, na Coruña, cuberto cun xersei. A acción foi obra do grupo Yarnbombing A Coruña, os ‘bombardeiros de fío’, que deste xeito, reivindican a artesanía, o handcraft, fronte á industrialización dos produtos. Máis información, en Disquecool.
Este sábado presentouse o xornal Madrid15M, editado por doce asembleas de barrio do 15M en Madrid. Será mensual, cunha tiraxe de 20 mil exemplares, sen editorial nin director/a e non remunerado. Máis información, aquí.
"Nesta época de crise é máis necesaria ca nunca unha renda básica universal". Entrevista a Daniel Raventós en Gara
A conta de twitter de Carme Chacón felicita a Alfredo Pérez Rubalcaba e fai un chamamento a "traballar xuntos"
Gaña Rubalcaba por 22 votos, 487 a 465.