Os canadianos Arcade Fire publican este luns o primeiro single do seu cuarto álbum, Reflektor, e fano cun espectacular vídeo interactivo. Tamén ofrecen información sobre a tecnoloxía usada na súa creación.
Fálase
Espazo Ecosocialista chama ás esquerdas estatal e nacionais a ir xuntas ás europeas para "desprazar os partidos hexemónicos", PP e PSOE. A formación cre que caeu o "mito" de que "a esquerda nacional e estatal non se poden entender".
O presidente da Eurocámara transmite o seu pésame polo accidente ferroviario de Angrois a petición do BNG, segundo sinala a nacionalista Ana Miranda
As escolas francesas terán que amosar unha carta de laicismo, pola cal ningún alumno (ou os seus pais) pode rexeitar contidos do programa escolar oficial. Búscase, por exemplo, asegurar o ensino das teorías darwinianas da evolución ou que todas as rapazas poidan facer deporte.
Dinamarca, Noruega e Suíza son os tres países máis felices do mundo, segundo un estudo realizado pola Universidade de Columbia para a ONU. España está no posto 38º, descendendo moitas posicións dende a investigación do pasado ano por mor da crise económica e dos recortes.
Publico repasa as situacións máis embarazosas protagonizadas por líderes políticos españois, de Franco a Ana Botella pasando por Zapatero e Rajoy, por mor do seu baixo nivel de inglés. Ademais, dende onte circulan pola rede varios remixes musicais co discurso da alcaldesa de Madrid.
Ignacio Muro Benayas, de Economistas Frente a la Crisis, analiza o fracaso de Madrid 2020 e escribe que "con este Goberno, construtor de vídeos de promoción da España máis cañí, cunha alcaldesa robotizada nos xestos e incapaz de artellar pensamentos coherentes, representante xenuina dunha dereita vella sen un proxecto para España máis aló que o seguidismo ao pensamento dominante, o que representa a devalación salarial e o debilitamento do público, non é posible o máis mínimo recoñecemento internacional". E conclúe: "a construción dunha alternativa imponse. O balón está do noso lado".
Instagram superou os 150 millóns de usuarios e usuarias activas, cun incremento de 50 millóns só nos últimos seis meses.
Está en marcha o prazo de recepción de proxectos para Galiciencia 2013, que estará aberto até o 23 de outubro. Trátase dun evento dirixido a estudantes de Secundaria que estean realizando traballos científicos e tecnolóxicos.
233grados amosa o exemplo de Recontando.com, unha web brasileira dirixida a nenas e nenos de 5 a 11 anos que explica a actualidade a través de debuxos animados.