Ignacio Muro Benayas, de Economistas Frente a la Crisis, analiza o fracaso de Madrid 2020 e escribe que "con este Goberno, construtor de vídeos de promoción da España máis cañí, cunha alcaldesa robotizada nos xestos e incapaz de artellar pensamentos coherentes, representante xenuina dunha dereita vella sen un proxecto para España máis aló que o seguidismo ao pensamento dominante, o que representa a devalación salarial e o debilitamento do público, non é posible o máis mínimo recoñecemento internacional". E conclúe: "a construción dunha alternativa imponse. O balón está do noso lado".
Fálase
Instagram superou os 150 millóns de usuarios e usuarias activas, cun incremento de 50 millóns só nos últimos seis meses.
Está en marcha o prazo de recepción de proxectos para Galiciencia 2013, que estará aberto até o 23 de outubro. Trátase dun evento dirixido a estudantes de Secundaria que estean realizando traballos científicos e tecnolóxicos.
233grados amosa o exemplo de Recontando.com, unha web brasileira dirixida a nenas e nenos de 5 a 11 anos que explica a actualidade a través de debuxos animados.
Sin Permiso analiza a situación social de Sudáfrica, con importantes folgas en sectores clave, e a reacción da esquerda política.
Novagalicia Banco traspasa EVO por 60 millóns de euros á entidade dos EUA Apollo Management Internacional LLP, que se fará coas 80 oficinas da entidade.
Chile pon á venda a gran filial de Pescanova. A liquidación inclúe nove barcos e dúas granxas de salmón, segundo publica Faro de Vigo.
O camiño en Defensa do Ensino Público Galego na Montaña e no Rural completou este sábado a súa última etapa, chegando a Fisterra
O fracaso de Madrid 2020 deixa moi debilitada a Ana Botella nas súas opcións de ser candidata nas eleccións municipais de 2015 e supón unha gran decepción para a Casa Real, destaca Vozpópuli
Compromís-Equo levará a democracia directa ao Congreso na votación da Lei de Transparencia. Os cidadáns poderán decidir até o xoves a través de Internet que emendas apoiará ou rexeitará o deputado Joan Baldoví