A principal hipótese do accidente que recolle o atestado policial é o erro humano provocado por un despiste do maquinista, segundo conta a Cadena Ser. O condutor do tren declarará este domingo ante o xuíz.
Fálase
As vítimas mortais polo accidente do tren elévanse a 79 tras falecer un dos feridos ingresados no Hospital Clínico de Santiago, segundo vén de informar a Consellería de Sanidade. Hai 70 pacientes ingresados nos hospitais galegos, dos que 22 están en unidades de críticos.
Rosa Díez di que hai "millóns" de españois que son de UPyD e non o saben. Asegura que a "parella de baile" importa pouco en política.
O maquinista do tren accidentado declarará este domingo. Está acusado de presento delito de homicidio por imprudencia.
Os servizos de auxilio tiveron claros erros de coordinación, segundo informa El País. O parte de Emerxencias revela que houbo atraso na declaración de alerta 2.
O itinerario da marcha do tren accidentado deixaba ao criterio do maquinista o momento de frear, segundo asegura El Mundo na súa edición deste domingo.
Varios xornalistas denuncian a desaparición do BOE deste sábado 27 de xullo e lembran que contiña as destitucións provocadas polos supostos erros co DNI da infanta.
Controlado o incendio nas Neves que ameazou varias vivendas. O lume comezou na parroquia de Liñares. Imaxe de Vía Televisión.
Identificados os 78 cadáveres do accidente de Compostela, segundo anuncia a Policía.
O número de feridos ingresados nos hospitais galegos é de 71, dos que 31 están en unidades de críticos (28 adultos e tres de pediatría), segundo vén de informar a Consellería de Sanidade.