A Universidade de Vigo participa nunha misión da NASA e da ESA para desviar un asteroide. Construirá un "cubesat" que alcanzará Dydimos en 2022, cando máis achegado estea á terra.
Fálase
Os xulgados civís anulan xa en Galicia a cláusula solo pero con efecto só desde 2013. Descarta unha retroactividade total mentres non haxa pronunciamento dos tribunais europeos sobre as hipotecas.
Podemos e EH Bildu irán nunha candidatura conxunta navarra ao Senado. No acordo tamén se inclúen Geroa Bai e Izquierda-Ezkerra
A Audiencia Nacional volve imputar oito policías polos seus vínculos coa mafia chinesa. Interior anunciou hai pouco o proceso para que un deles ascenda a inspector xefe.
O PIB de Galicia medra un 2,9% no terceiro trimestre, por debaixo da media. Foi unha das autonomías que menos medraron.
Margallo avoga por "sufocar" a "sublevación en toda regra" que se tería realizado en Cataluña. O ministro de Asuntos Exteriores cre que Artur Mas sempre quixo a independencia.
O PP só podería gobernar co apoio de Ciudadanos, segundo unha enquisa para a SER. Os populares serían a forza máis votada, seguidos do PSOE, Ciudadanos e Podemos.
O partido de Erdogan recupera a maioría absoluta que perdera en xuño. O AKP obtivo máis do 49% dos votos, mentres que o HDP mantén a representación parlamentaria.
Remata a xornada na Terceira galega. Barbadás (22), Boiro (21) e Cerceda (20) lideran a clasificación.
Racing Vilalbés 2-1 Choco
Deportivo B 3-2 Ribadumia
Arousa 2-1 Ordes
Cerceda 0-1 Barbadás
Alondras 2-0 Negreira
Boiro 1-0 Verín
Bergantiños 0-1 Barco
Noia 1-2 Silva
Ribadeo 0-2 Galicia Mugardos
Rápido de Bouzas 1-0 As PontesO gobernante AKP recupera a maioría absoluta en Turquía, cun 53% dos votos. O Partido Democrático dos Pobos (HDP), prokurdo, supera o 11% dos votos e mantén a súa presenza no Parlamento.