O partido de Erdogan recupera a maioría absoluta que perdera en xuño. O AKP obtivo máis do 49% dos votos, mentres que o HDP mantén a representación parlamentaria.
Fálase
Remata a xornada na Terceira galega. Barbadás (22), Boiro (21) e Cerceda (20) lideran a clasificación.
Racing Vilalbés 2-1 Choco
Deportivo B 3-2 Ribadumia
Arousa 2-1 Ordes
Cerceda 0-1 Barbadás
Alondras 2-0 Negreira
Boiro 1-0 Verín
Bergantiños 0-1 Barco
Noia 1-2 Silva
Ribadeo 0-2 Galicia Mugardos
Rápido de Bouzas 1-0 As PontesO gobernante AKP recupera a maioría absoluta en Turquía, cun 53% dos votos. O Partido Democrático dos Pobos (HDP), prokurdo, supera o 11% dos votos e mantén a súa presenza no Parlamento.
Voces críticas no PSOE aseguran que Jordi Sevilla, responsable económico do partido, estuda unha proposta de reforma do Servizo de Estudos do BBVA que aposta pola redución a oito días da indemnización por despedimento para os contratos indefinidos os dous primeiros anos e por endurecer o cobro do paro
Os activistas participantes no Free Culture Forum, o principal evento sobre a relación entre dereitos civís e Internet, elaboran un documento sobre a neutralidade da rede e a protección da sociedade civil fronte á vixilancia masiva
El Periódico entrevista a Ada Colau, que se amosa disposta a ir na lista das xerais de En comú Podem. Sinala que o 27S non houbo votos sufucientes para facer unha declaración unilateral de independencia e pide "recuperar unha maioría favorable ao referéndum"
O Celta remontou ante a Real Sociedade (2-3), cun gol de Hernández no minuto 89. Os celestes son terceiros na clasificación, só por detrás de Real Madrid e Barcelona.
Na Liga Adelante, o Lugo derrotou o Tenerife (2-0) e mantense na zona media-alta da clasificación. Na Segunda B, importante vitoria do líder, o Rácing de Ferrol, no campo do segundo clasificado, o Guijuelo (0-1). Vitorias tamén do Celta B ante o Izarra (5-1) e do Coruxo en Burgos (1-3). O Pontevedra caeu na casa ante o Logroñés (0-1)
O Breogán derrotou con claridade ao Club Baloncesto Ourense no Paco Paz (53-71) no derbi galego da Liga LEB Ouro. Os lucenses son colíderes
Altos cargos do PP, dende os vicepresidentes do partido en Ourense Rosendo Fernández e Jorge Pumar, a deputada no Parlamento galego Jackeline Elizabeth Fernández ou a ex deputada no Congreso Ana Belén Vázquez, apoian en twitter a Manuel Baltar. A campaña de apoio foi iniciada na conta @CreoEnOurense, que xa está a recibir numerosas críticas.